Carlos Negreira

Carlos Negreira Souto – A Coruña

1960. Nacín en Rio de Xaneiro (Brasil) nunha familia de emigrantes coruñeses. Cando cumplín os 3 anos regresamos a nosa terra e A Coruña se converte na cidade de destino para a miña familia. Monte Alto na infancia, o Orzán e Santa Margarita na adolescencia e actualmente en Riazor, son os barrios polos que discorre a miña vida.

Estudio no vello colexio dos Maristas na calle Teresa Herrera e me teño que marchar a estudiar a Santiago onde obteño la Licenciatura en Dereito. Poucos anos despois obteño a praza na Escola de Letrados da Xunta de Galicia e comenzo unha etapa de intenso traballo para facer realidade a construcción da administración autonómica.

1985. Traballo como Asesor Técnico e Coordinador de Inversións na Consellería de Economía e Facenda.

1989. Asumo a Xefatura do Servizo Técnico Xurídico da Consellería de Economía e Facenda e posteriormente Letrado-Xefe.

1992. Comenzo unha apasionante tarea como Director Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, a carón de Alberto Núñez Feijoó como Secretario Xeral e de Jose Manuel Romay Beccaría como Conselleiro de Sanidad.

1996. Inicio unha experiencia laboral na empresa privada e me incorporo a La Voz de Galicia como Director dos Servicios Xurídicos e ao ano seguinte asumo a responsabilidade da xestión da Dirección de Recursos Humanos.

1999. Trasládome a Madrid para traballar como Director Corporativo de Oganización e Recursos Humáns de AENA (Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea).

2000. Incorpórome á Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos S.A. como Director de Estrategia y Desarrollo. Logo, asumo a Dirección de Recursos Humáns e a representación de Correos nas organizacións internacionais Unión Postal Universal e Unión Postal de las Américas, España y Portugal. Nesta etapa colaboro con Alberto Núñez Feijoó na transformación e modernización de Correos.

2003. Regreso a Galicia para asumir a Presidencia de Portos de Galicia e como membro dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias de A Coruña e Vigo. Nesta etapa logramos desenrolar un ambicioso plan para mellorar e modernizar numerosos portos de Galicia e dotalos de ventaxas competitivas.

2007. Decido dar o salto á política municipal e preséntome como candidato á Alcaldía de A Coruña polo Partido Popular. Cunha lista totalmente renovada logramos o mellor resultado da historia nas eleccións municipais, con dez concelleiros, e iniciamos un traballo intenso como oposición responsable, tratando de poñer voz aos veciños no Palacio de María Pita e trasladar centos de iniciativas para resolver os verdadeiros problemas dos coruñeses.

2008. Presento a miña candidatura á Presidencia do Partido Popular na Provincia de A Coruña e obteño a confianza maioritaria dos afiliados, o que me permite desenrrolar un traballo serio e continuado cun gran equipo de traballo nos 94 concellos da provincia.

2010. Na actualidade traballo como portavoz do Partido Popular no Concello de A Coruña, defendo os intereses da miña provincia como Diputado Autonómico por A Coruña, coordino o traballo do meu partido como Presidente Provincial do Partido Popular e fun elixido de novo candidato ao Concello A Coruña polo Partido Popular para as próximas eleccións municipais que se van a celebrar en maio de 2011.

Son fillo de emigrantes, son coruñés polos catro costados, crecín entre Monte Alto e Santa Margarita, forméime como persoa no vello colexio dos Maristas, teño unha sólida formación en Dereito e teño a sorte de poder medrar e adquirir unha dilatada experiencia profesional tanto na administración pública como na empresa privada. Ademáis, teño a sorte de contar coa axuda e o compromiso de excelentes equipos de traballo en tódolos ámbitos nos que teño responsabilidade de xestión. Sempre crín que a suma do esforzo colectivo está por encima dos protagonismos persoais. A empatía, a intelixencia emocional, a escoita activa, a responsabilidade compartida, a planificación e a confianza no equipo de traballo son fundamentais para desenrolar e xestionar con éxito calquera proxecto que se queira desenrolar.

Creo firmemente que tódolos pasos que teño dado na vida estiveron encamiñados a prepararme para asumir o reto de intentar obter a confianza dos coruñeses e poder traballar pola miña cidade alcalde. A renuncia persoal a asumir responsabilidades no novo goberno da Xunta de Galicia, toméina porque considero que nestos momentos non existe nada máis importante que tratar de construir un proxecto sólido, para que a nosa cidade volva a poñerse na vangarda de España e de Europa. Xuntos o imos lograr.

Deixa un comentario

O teu e-mail non será publicado. Os campos obrigatorios están marcados *

*

Podes usar as seguintes etiquetas e atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>